No ano 1976, Bruno Bettelheim
publicou un ensaio titulado Psicoanálise
dos contos de fadas no que exploraba o mundo subterráneo destas historias;
segundo o autor, baixo a aparente inocencia dos relatos latexa unha serie
formulacións relacionadas co erotismo, a violencia e as paixón recónditas dos
seres humanos. As páxinas desta obra demostran ata que punto existen distintos
niveis de lecturas que, dependendo do enfoque que o lector queira proxectar,
poden deparar conclusións ben dispares. En parte, as versións que na actualididade
estanse a facer dos contos populares veñen a seguir unha senda aberta por
Bettlheim. Pola súa banda, Henry Jenkins falou da cultura da converxencia para
referirse a un proceso no que os elementos tradicionais son adaptados aos novos
medios de comunicación coa intención de actualizar o mito, a fin de contas, as
adaptacións son unha forma de reescritura na que se trata de acomodar un texto
a un receptor específico, a unha nova linguaxe ou a un novo contexto. Partindo
do análise destes tres elementos centrais do proceso de converxencia, podemos
explicar brevemente algunhas das motivacións que impulsan as múltiples versións
cinematográficas dos contos clásicos infantís que dun tempo a esta parte enchen
as salas de cine.
jueves, 23 de mayo de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
FARO DA CULTURA. O GRAN GATSBY
Coa nova
versión de O gran Gatsby, unha novela
que a xuízo do autor destas liñas supón unha obra cumio da literatura universal
do século XX, xa son cinco as adaptacións fílmicas que beben do libro de
Francis Scott Fitzgerald. A primeira delas, da cal non se conservan copias, é
unha versión muda dirixida por Herbert Brenon, á cal seguiría, xa na etapa
sonora, outra transposición de Elliot Nugent no ano 1947, con Alan Ladd no
papel principal. No ano 1974, Jack Clayton firmou a adaptación máis célebre de
todas, na que o actor Robert Redford encarnou ao personaxe de Jay Gatsby. Máis
recente é unha versión para televisión que tivo poucas repercusións alén das
fronteiras estadounidenses, ata que a nova revisión de Buz Lurhmann, con
Leonardo DiCaprio no papel principal, semella querer disputar ao film de
Clayton a supremacía da posta en imaxes deste clásico literario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)