Pocas dudas
quedarán al lector de esta obra, una vez haya terminado de ojear sus páginas,
acerca de la corriente historiográfica que inspira la génesis de esta
“relectura del cine español de los años 50”, no obstante, los autores, José
Luis Castro de Paz y Josetxo Cerdán, han querido explicitar su posicionamiento
al afirmar que este libro es deudor de la “subjetividad colectiva” gestada en torno
a la Antología crítica del cine español (1906-1995)
[Pérez Perucha, Julio, Madrid, Cátedra/Filmóteca Española, 1997], que, cual
fuerza centrípeta, ha ido agrupando a una serie de investigadores que propugnan
una nueva mirada sobre el cinema hispano. Entre el corpus bibliográfico que en
los últimos años ha engrosado esta veta investigadora, Del sainete al esperpento viene a ocupar un lugar que aparentaba
deshabitado, más si cabe por el vacío establecido entre dos obras como Un cinema herido. Los turbios años cuarenta
en el cine español (1939-1950) de José Luis Castro de Paz [Barcelona,
Paidós, 2002] y Los felices sesenta.
Aventuras y desventuras del cine español (1959-1971) de Santos Zunzunegui
[Barcelona, Paidós, 2005]. La pretensión de esta obra, en boca de sus autores,
no consiste en elaborar una historia del cine español de los años cincuenta,
sino “realizar un detenido recorrido de (re)descubrimiento sobre cómo los
elementos de la Modernidad se fueron introduciendo paulatinamente en nuestra
cinematografía, siempre en relación con las formas tradicionales de la cultura
popular”, unas formas que durante décadas fueron repudiadas por ciertos
sectores del Régimen, que recelaban de este acento popular por su vínculo con
un sistema cultural de siglos de historia que, en la representación
cinematográfica, había logrado su apogeo durante la II República. Al mismo
tiempo, por paradójico que parezca, estos ataques no procedían únicamente de
las trincheras del Régimen, sino que a esa artillería se sumaron proyectiles
que procedían de flancos diferentes, por no decir antagónicos. Nos estamos
refiriendo al conocido pentagrama proclamado por el director comunista Juan
Antonio Bardem que definía al cine español como políticamente ineficaz,
socialmente falso, intelectualmente ínfimo, estéticamente nulo e
industrialmente raquítico; al Nuevo Cine Español; y a una historiografía que,
prescindiendo de análisis detallados de los “acontecimientos”, estos son, las
películas, despliegan una serie de tópicos que, uno por uno, son desmontados
por los autores de este libro.
lunes, 30 de julio de 2012
viernes, 27 de julio de 2012
Faro da cultura. Eva Perón en Galicia.
A visita de
Eva Perón a Galicia no verán de 1947, acabou resultando un dos
acontecementos máis importantes do ano no noso país. Para facernos unha idea do
monumental ruído mediático que despertou a visita de Evita, chega con
reproducir un dato moi esclarecedor: mentres a media de duración dun reportaxe
do NO-DO rondaba os dous minutos, esta nova ten unha duración de cinco minutos,
é dicir, máis do dobre que o resto de novas.
martes, 24 de julio de 2012
Faro da cultura. O parricidio dos superheroes
No ano 2008,
Cristopher Nolan abraiou á crítica especializada coa súa segunda versión de
Batman O cabaleiro escuro (The dark
knight) -a primeira rodouna no ano 2005 co título de Batman begins- grazas á reflexión semibíblica arredor dos conceptos do ben e do mal, a cal supoñía un
exercicio de “deconstrución” do típico maniqueo que conformaba a trama das
anteriores adaptacións.
No medio dun
discurso que pretende argallar un pensamento homoxeneizado, normalmente soe
aparecer algunha que outra voz discordante coa finalidade de establecer o seu
contrapunto que, de primeira man, supón a vantaxe de establecer un acto
reflexivo. Entre a catarata de longametraxes de superheroes que nos últimos
tempos están a encher as pantallas cinematográficas, existen varias películas
que veñen a “deconstruir” os postulados marcados na súa fonte de inspiración,
algo así como un parricidio, o sacrificio do seu ascendente.
Pero non só o modelo
cinematográfico de superheroes viuse sometido a esta revisión das súas teses,
senón que a o proceso tamén abrangue a outros xéneros lindantes. É o caso das
últimas dúas versións de James Bond —Casino royale (2006) e Quantum of solace (2008)—, baixo a
pluma de Paul Haggis, nas que a imaxe misóxina, infalible, reaccionaria e
fascista que forxou a etiqueta semántica do axente secreto torna nun ser que
cuestiona ata a desobedeciencia os postulados máis turbios dos servizos de
espionaxe ingleses. Outro exemplo de “deconstrución” atopámolo tamén en Gran Torino (Clint Eastwood, 2008), na
que ademais se mistura unha vertente metacinematográfica na representación da
morte e o fracaso do personaxe tipo de “home duro” que tantas veces interpretou
Eastwood nos anos setenta e oitenta.
viernes, 20 de julio de 2012
Faro da cultura. Manuel Fraga e o cine
Aínda que poidamos recoñecer que
a influencia de Fraga Iribarne no devir histórico da cinematografía española
tivo lugar dun modo indirecto, certo é que, probablemente, de non producirse o
seu paso polo ministerio de Información e Turismo entre os anos 1962 e 1969, a
historia do cinema hispano estaría escrito con diferentes caracteres aos que
coñecemos a día de hoxe, sobre todo por mor do nomeamento, por parte de Fraga,
de José María García Escudero ao fronte da Dirección
General de Cinematografía y Teatro, cargo que xa ocupara brevemente entre
1951 e 1952 e do que foi apartado coa polémica suscitada coa película Surcos (José Antonio Nieves Conde,
1951). A chegada de ambos persoeiros, situados no bando aperturista do réxime,
vai impulsar unha renovación no cine español plasmada nunha serie de decisións
políticas. Para empezar, no ano 1962 publícase o Reglamento del Instituto de Investigaciones y Experiencias
Cinematográficas que pasaría a chamarse a Escuela Oficial de Cinematografía, a fin de que se convertera na
canteira dos cineastas chamados a revitalizar o aletargado cine español. Un ano
despois apróbanse as Normas de Censura
Cinematográfica, que, aínda que resulte paradoxal, converteuse nunha
iniciativa ansiada polos profesionais da industria cinematográfica, xa que este
texto permitíaslle saber a que aterse, pero como todo regulamento destas
características deixaba un amplo marxe á intervención do censor con
especificacións tan subxectivas como o respceto ao “bo gusto”. O punto máis
representativo deste impulso renovador resultou ser as Nuevas Normas para el desarrollo de la Cinematografía, promulgada
en 1964, que foron bautizadas por García Escudero co nome de “Carta Magna” do
cine español, das que se aproveitaron os membros da corrente coñecida
posteriormente como “Nuevo Cine Español”.
miércoles, 18 de julio de 2012
Retrato del capitalismo. "Las siete columnas" de Fernández Flórez
Si hay una novela que nos identifique con Wenceslao Fernández Flórez, esa es, sin duda, El bosque animado (1943), aunque en su día esta fábula sobre el rural gallego resultó ser la que peor acogida tuvo entre sus lectores coetáneos. Sin embargo, para el que suscribe estas palabras, su obra literaria más hermosa es, sin duda Las siete columnas (1926). Jamás había leído un alegato tan lúcido y destructivo sobre el capitalismo que esta novela escrita unos años antes de que el universo financiero hiciera crack, en aquella época de abundancia conocida como "los felices años veinte" que con tanta maestría describió Scott Fitzgerald en El gran Gatsby.
lunes, 16 de julio de 2012
Faro da cultura. Cine e emigración
Toda obra de arte ven sendo herdeira
dun contexto histórico sobre o cal repousan a xéneses das obras máis
importantes dunha cultura determinada. A partires dos códigos estéticos e dos
parámetros argumentais que unha análise sosegada poida desvelar, a obra en
cuestión deberá aportar información sobre as coordenadas espacio-temporais da
súa creación. A historia de Galiza no século XX atópase ferida pola cicatriz da
emigración, e esta cicatriz atravesa obras literarias como o poema de Rosalía
“Adiós ríos, adiós fontes” ou o relato de Castelao “O pai de Migueliño”
(adaptada a curtametraxe por Miguel Castelo Agra), e visualmente deixou pegada
na memoria colectiva coa fotografía de Manuel Ferrol. Como ben pode percatarse
o lector, o retrato da emigración esbozado por estes exemplos pouco ten que ver
co tratamento adulterado que programas de televisión, ultimamente moi de moda,
fan dos compatriotas que proban sorte alén das nosas fronteiras.
viernes, 13 de julio de 2012
Paul Auster. La vida interior de Martin Frost
La
última película dirigida y escrita por Paul Auster, “La vida interior de Martin
Frost” (The inner life of Martin Frost), recorrió varias etapas en su gestación
hasta alcanzar su acabado final como obra fílmica en el año 2007. La idea
inicial surgió en 1999 como un mediametraje de media hora de duración que pasaría
a integrarse dentro de un proyecto más amplio de doce productos dirigidos por
distintos realizadores, todo ello promovido por una productora alemana. No
obstante, una serie de circunstancias presupuestarias impide la concreción del
proyecto y, finalmente, acaba por desestimarse. Aplazada tal empresa, Paul
Auster regresa al quehacer literario con “El libro de las ilusiones” (The book
of illusions), donde narra la historia de David Zimmer, un profesor que
investiga la carrera cinematográfica de Hector Mann y que, justo antes de la
muerte de éste, consigue ver una de sus últimas películas, jamás proyectada al
público, antes de que toda su obra sea incinerada en un crematorio, siguiendo
la última voluntad del director. Paul Auster decide recuperar el guión de “La
vida interior de Martin Frost” para insertarlo en ese punto concreto de la
novela como el filme de Hector Mann que David Zimmer logra visionar antes de
convertirse en pasto de las llamas.
jueves, 12 de julio de 2012
Faro da cultura. Ernest Hemingway e o cine
Cando falamos
de correntes exclusivamente cinematográficas, nos anos cincuenta apareceu un
grupo heteroxéneo de cineastas etiquetado baixo a denominación de “xeneración
perdida”, que engobla a unha serie de realizadores que conforman a segunda
xeneración do cine sonoro que xurde no corazón de Hollywood. Os exponentes máis
cualificados deste grupo serían John Huston, Nicholas Ray, Richard Brooks,
Robert Rossen, Abraham Polonsky, Jules Dassin, Joseph Losey e Edward Dmytryk.
martes, 10 de julio de 2012
Faro da cultura. A mitoloxía dos superheroes
Michel Chion, teórico da
narrativa cinematográfica, no seu libro Como
se escribe un guión establece, a partires das formulacións aristotélicas,
cinco puntos fundamentais na elaboración dunha trama, entre as que atopamos
dous de capital importancia: o heroe e o antagonista.
lunes, 9 de julio de 2012
Charles Chaplin: El gran dictador y la mitología griega
En ocasiones,
uno llega a una conclusión hermenéutica gracias al cruce aleatorio de expresiones
artísticas. Hace un tiempo, dentro del taller literario “El placer de leer”,
seleccionamos como lectura mensual Némesis
de Philip Roth (Literatura Mondadori, 2011), una novela distinguida entre las cinco mejores obras de
ficción del pasado año por Babelia.
En ella se describe las dramáticas consecuencias de una epidemia de polio que
azotó New Jersey en el año 1944, a través de la historia personal de su
protagonista Bucky Cantor, que se martiriza a sí mismo a través de un
desproporcionado sentimiento de culpabilidad.
viernes, 6 de julio de 2012
Tecnología, espectáculo, literatura
Reseña del libro de Luis Miguel Fernández Tecnología, espectáculo, literatura. Dispositivos ópticos en las letras españolas en los siglos XVIII y XIX.
http://www.academiaeditorial.com/web/wp-content/uploads/2011/05/CB-Fernandez-Paz.pdf
http://www.academiaeditorial.com/web/wp-content/uploads/2011/05/CB-Fernandez-Paz.pdf
Faro da Cultura. Clint Eastwood: entre a mitoloxía e a realidade
Achegarse
á obra fílmica de Clint Eastwood supón entrar en contacto cun dos cineastas
máis respectados pola crítica especializada en todo o globo terrestre. A
pesares dos resbalóns que, non nos enganemos nin pretendamos enganar a ninguén,
protagonizou o realizador californiano, a súa filmografía conta cun prestixio
sustentado sobre alicerces moito máis sólidos que a rendibilidade recaudatoria.
“O derradeiro director clásico”, esta soe ser a reseña máis utilizada para
denominar a súa aportación creativa. Recoñecendo o compoñente nostálxico e reducionista
de tal afirmación, non creo estar en posesión de moitos argumentos para
desautorizala. Agora ben, o seu estilo clásico no ámbito formal garda un
paradoxo no ámbito temático que, na miña humilde opinión, enriquece o corpus da
súa obra, sobre todo a raíz da estrea de Sen
perdón (Unforgiven) no ano 1992.
O citado paradoxo reside na relectura, incluso poderiamos falar de
“deconstrución” daqueles canons argumentais sobre os que se cimentou a
mitoloxía do cine clásico americano que el mesmo contribuíu a consolidar, tanto
no plano actoral como na dirección. Para exemplificar esta teoría votarei man
dalgún exemplo práctico.
Bandeira dos nosos pais (Flags of our fathers, 2006) é unha
adaptación do libro Iwo Jima: seis homes
e unha bandeira de James Bardley, fillo dun dos seis soldados que alzaron a
bandeira norteamericana na cima do monte Suribachi da illa de Iwo Jima. A
fotografía que inmortalizou o momento, obra de Joe Rosenthal, gañou o premio
Pulitzer e converteuse no símbolo da vitoria estadounidense sobre Japón na
Segunda Guerra Mundial. A longametraxe relata a estratexia propagandística do
goberno dos Estados Unidos para espertar o ánimo nacionalista da cidadanía a
través dunha xira por todo o país dos protagonistas da fotografía, utilizados
como exemplo de valor e triunfo dos forzas armadas. Os soldados recorren todo o
país para escenificar ese momento emblemático que recolle a instantánea, coa
finalidade de construír unha imaxe mítica non só do exército, senón de todo unha
nación. Porén, baixo o esplendor que irradia a fotografía agóchanse as
realidades dos protagonistas que moi pouco teñen que ver coa imaxe heroica que
se procura transmitir. Clint Eastwood amosa as miserias que entre bastidores
sofren os protagonistas en forma de remordementos, inadaptacións,
desequilibrios psicolóxicos, etc. A fotografía de Iwo Jima supón un artificio
cunha intención propagandística, pero, certamente, agocha unha realidade ben distinta.
Traslademos
agora esta formulación a un filme como Gran
Torino (2008). Nesta longametraxe, o protagonista (interpretado polo propio
Eastwood) atesoura os rasgos máis recoñecibles de varios dos personaxes
encarnados por el durante moitos anos: é un heroe da guerra de Corea (O sarxento de ferro), cuspe
continuamente (O aventureiro da media noite),
renega do seu pasado e non supera a morte da súa muller (Sen perdón), e mantén unha relación paterno-filial cun personaxe
máis novo (Million dollar baby). É
dicir, estamos ante a representación dun personaxe tipo elevado aos altares do
heroísmo americano. Nembargantes, a medida que avanza o filme, o protagonista
vaise decatando da inutilidade da súa personalidade, do seu comportamento e da
súa escala de valores. Todo o seu mundo desmorónase cando unha banda de indeseables
viola á súa veciña para vingarse de el. Esmorece o mito e imponse a realidade.
É entón cando entrega a súa vida escenificando un acto de expiación que ademais
permite ás novas xeracións fuxir da violencia. Gran Torino supón o exemplo máis nítido da desconstrución dunha
mitoloxía erixida no seo do cine americano, co importante engadido de que o
autor deste acto foi parte esencial na conformación desa mitoloxía. Unha
deconstrución que acaba en morte, mellor dito en suicidio, traspasando deste
xeito unha liña que non foi quen de traspasar en Sen perdón, aínda que xa neste filme puidesemos ver algún indicio
da relectura do cine de Clint Eastwood.
jueves, 5 de julio de 2012
Wenceslao Fernández Flórez y el cine
Aquí os dejo una publicación en la revista Área Abierta sobre mi Tesis Doctoral: Adaptaciones cinematográficas de la obra de Wenceslao Fernández Flórez de los años cuarenta ambientada en Galicia.
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3112295
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3112295
miércoles, 4 de julio de 2012
Os presidentes de Estados Unidos no cine
Permítanme
utilizar a escena inicial de Cidadán Kane
(Citizen Kane, Orson Welles,
1941) para ilustrar a atracción que suxiren os gobernantes situados no cumio do
poder dentro do arte cinematográfico. Estamos a falar dese travelling
progresivo que se introduce no interior de Xanadú, a mansión de Charles Foster
Kane, despois de facer caso omiso a un letreiro que vetaba a entrada. A cámara
continúa o seu avance ata chegar a habitación onde o protagonista emite o
último suspiro antes de perecer: “Rosebud”. Tanto visual como conceptualmente,
Orson Welles invita aos espectadores a penetrar no espazo íntimo dun dos homes
máis poderosos do seu país, e estes semellan ser arrastrados pola forza
feiticeira dese movemento de cámara; toda unha metáfora da forza de suxestión
que posúe o poder. Ese afán do espectador por penetrar en recintos pechados
onde se dilucidan asuntos de alto calado político pode ser equiparado co
instinto voyeur, e ambos atoparon no cine o mecanismo perfecto para a súa
satisfacción. De feito, se visionamos o inicio de Psicose
(Psycho, 1960), no que Alfred
Hitchcock nos permite adentrarnos ao interior da habitación do hostal no que os
personaxes principais manteñen unha relación adúltera, descubrimos como a proposta
visual é moi semellante á formulada por Orson Welles para a citada secuencia de
Cidadán Kane. Dalgún xeito, esta
analoxía podería explicar o significado da expresión “erótica do poder”.
O cine
estadounidense sempre amosou querenza por retratar aos seus presidentes na gran
pantalla, a través de personaxes tanto ficticios como reais. Entre os
directores máis comprometidos coas descricións fílmicas destas figuras atópase
Oliver Stone, que xa no ano 1991 filmou JFK,
un dos seus mellores traballos, onde
analiza os puntos máis escuros sobre o asasinato de John F. Kennedy, desde unha
perspectiva indagadora. Porén, para a posta en forma de Nixon (1995), utiliza unha formulación apegada ao psicoloxismo, coa
intención de explorar os demos internos do único presidente de Estados Unidos
que se viu forzado a presentar a súa dimisión. Por último, en W (2008), Stone achégase á personalidade
de George W. Bush cunha mirada demasiado influenciado pola xenreira que este
despertaba, o que deparou un ollar moito menos profundo que no caso de Richard
Nixon. O contexto de traxedia exerce de
importante reclamo á hora de inclinarse pola representación dun presidente, tal
e como acontece con Abraham Lincoln, vítima do primeiro magnicidio perpetrado
en USA, e representado no cine en incontables ocasións, entre as cales destacan
as versión de David W. Griffith no ano 1930 e de John Ford en 1939, máis
achegadas á idea de biopic. Coa
exposición destes casos, podemos distinguir as tres fórmulas distintas de
enfocar un filme baseado no protagonismo dun presidente real: a indagadora, no
que ademáis de JFK podemos incluír
tamén a última película de Robert Redford, A
conspiración (The conspirator,
2011), a psicoloxista e o biopic.
No que se
refire ás longametraxes baseados en personaxes de ficción que encarnan ao
máximo mandatario norteamericano, as variables multiplícanse e, así, atopamos
varias posibilidades que van, desde a ciencia ficción (Mars Attacks), a parodia (Dr.
Strangelove or How I learned to stop worryng and love the bomb), a acción (Air force one), a comedia romántica (O presidente e Miss Wade), o cine de
grandes desastres (Deep Impact) ou o
drama (Primary colors). Con máis ou
menos acerto, con máis ou menos semellanza coa realidade, as representacións
ficcionais dos presidentes quédanse en esbozos esquemáticos, máis interesados
en escenificar o cargo político que a propia persoa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
