No mes de
novembro do pasado ano, ao abeiro do XIV Congreso da Asociación Española de
Historiadores do cine celebrado na Universidade do País Vasco, o director
Enrique Urbizu (No habrá paz para los malvados)
compartía unha mesa redonda con Borja Cobeaga —coguionista, xunto con Diego San
José, da exitosa Ocho apellidos vascos—na
que expuxo un interesante concepto do mundo do cine: o efecto persiana. A
grandes trazos esta idea ven a representar, en termos metafóricos, o influxo
que o éxito dun determinado produto exerce sobre futuros proxectos. É dicir, no
caso de que unha película sobre catástrofes naturais acade astronómicas cifras
de recadación, teñan por seguro que a industria cinematográfica levantará de
inmediato a persiana para que propostas similares inundan a pantalla; pola
contra, o fracaso por exemplo dun musical provocará o efecto contrario, e a
persiana pecharase por un tempo para este tipo de filmes. Nos últimos tempos,
poucas películas levantaron a persiana de forma tan xenerosa como a francesa Bienvenue chez les Ch’tis (Bienvenidos al norte en castelán), ata o
punto de orixinar dúas versións italianas, un remake “oficioso” en España —a
citada Ochos apellidos vascos— e a
adquisición dos dereitos da historia por parte de Will Smith para a súa
produción en Estados Unidos. As cifras
de espectadores que manexan as tres películas en cada un dos tres países
europeos nas que foron estreadas (Francia, Italia e España) permiten falar de un
fenómeno sociolóxico sen precedentes.
viernes, 30 de mayo de 2014
jueves, 8 de mayo de 2014
Faro da cultura. Salvador Dalí no cine
Certo que
pintor é a primeira verba que aborda a nosa mente cando oímos o nome de
Salvador Dalí, pero non menos certo é que, aínda con menor profusión, o
excéntrico ampurdanés plasmou a súa visión da realidade noutras facetas artísticas
como puido ser, por exemplo, o cinematógrafo. As características do cine
semellaban conformar un instrumento idóneo para o surrealismo, un movemento
baseado na plasmación do universo da inconsciencia —sonos, pesadelos, desexos e
traumas—, grazas á plasticidade das imaxes representadas na pantalla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)