viernes, 28 de septiembre de 2012

Escritura visual en "Seda" de Alessandro Baricco


En el año 2008, la pantallas cinematográficas proyectaban en varios países del mundo, no en España, el primer trabajo como realizador del escritor turinés Alessandro Baricco, con participación de los actores John Hurt y Leonor Watling. Lezione 21 narra el viaje de un estudiante por la Italia alpina bajo la inspiración de la Novena Sinfonía de Beethoven. Antes de ese estreno, muchos amantes de la literatura pudimos disfrutar del valor visual de su novela más popular: Seda, gracias a la adaptación llevada a cabo por el cineasta François Girard, con un reparto encabezado por Michael Pitt y Keira Knightley.

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Faro da cultura. Cine e República


Con frecuencia, os historiadores cinematográficos califican o período republicano como a época dourada do cine español. Por primeira vez na súa historia, a cinematografía hispana acadou as cotas máis altas de popularidade grazas a hibridación dunha serie de compoñentes provintes da tradición escénica e iconográfica española (o sainete, o entroido, a comedia costumista, a zarzuela, o xénero chico,  a picaresca, o esperpento, etc) con outros elementos da cultura popular (a copla, o cante jondo, o folletín, a novela sentimental,…) e con outros aspectos importadas da cinematografía hexemónica naqueles momentos, a provinte de Hollywood. Como resultado deste proceso, entre os anos 1935 e 1936, o cine español colectou éxitos sen precedentes con títulos como Rumbo al cairo (Benito Perojo, 1935), Don Quintín el amargao (Luis Marquina, 1935), Nobleza baturra (Florián Rey, 1935), La verbena de la Paloma (Benito Perojo, 1935), La hija de Juan Simón (José Luis Sáenz de Heredia, 1935), Morena Clara (Florián Rey, 1936), e El bailarín y el trabajador (Luis Marquina, 1936).

lunes, 24 de septiembre de 2012

Faro da cultura. Cine e guerra da independencia


Unha vez finalizada a Guerra Civil, o estado franquista puxo en marcha unha xigantesca maquinaria propagandística, a través de todos os medios de comunicación, para intentar dar lexitimidade a un Réxime que naceu dun alzamento militar e que derrocou polas armas a legalidade republicana. No que se refire á industria cinematográfica, a Guerra da Independencia contra os invasores franceses ofrece unha posibilidade inmellorable de realzar o sentimento nacionalista que o novo estado buscou avivar ata o paroxismo. Así, o cine histórico que precedeu á Guerra Civil buscou, co apoio entusiasta e interesado da administración, proxectar unha mirada cara un pasado glorioso (a época colonial ou a resistencia contra a invasión francesa), coa intención de construír unha relectura interesada, en sintonía coa concepción histórica do réxime. 

lunes, 17 de septiembre de 2012

Faro da cultura. Alfred Hitchcock silente


Cando Al Jonson, o intérprete de The jazz Singer (Alan Crossland, 1927), conmoveu aos espectadores que por primeira vez escoitaron a un personaxe falar desde unha pantalla, o cine xa acadara unha madurez narrativa e visual baseada na forza comunicativa da imaxe como canal prioritario de comunicación, complementado polo uso de títulos, aínda que non debemos esquecer, por exemplo, que O último (Der Letzte Mann, 1924) de Murnau non contaba con ningún título. Para moitos directores que acadaron a consagración universal no cine sonoro, o bagaxe expresivo que acadaron grazas aos seus inicios na etapa muda onde, por obriga, tiveron que aprender a rendibilizar a forza expresiva da imaxe, supuxo unha excelencia que algúns, non todos, xestionaron con abraiante talento. Alfred Hitchcock é sen dúbida un deses casos. Na súa filmografía sonora podemos atopar máis dunha mostra do emprego maxistral de imaxes sen audio. Por exemplo, a secuencia de Torn Curtain (1966) na que o personaxe de Gromek é asasinado na granxa, ou a escena de The birds (1963) na que a nai de Melania Daniels emite un berro mudo cando descobre o cadáver sen ollos dun veciño, ambas rodadas sen música nin diálogos, acadan un realismo descarnado.