miércoles, 29 de agosto de 2012

Faro da cultura. Cine e terrorismo.



                Aquel 11 de setembro de fai unha década cambiaron moitas cousas. A pesares de non seren a primeira vez que Estados Unidos era golpeada pola violencia terrorista, nunca a sensación de debilidade e indefensión que amosou a primeira potencia mundial foi tan manifesta. O impacto dos rañaceos derrubándose en medio dun manto cinsento atizou de forma tan desapiadada a conciencia colectiva de todo un país –ata o punto de deixar nun velado segundo plano o atentado perpetrado contra o edificio do Pentágono, onde o balance de vítimas (184) foi, por exemplo, lixeiramente inferior ao acontecido o 11 de marzo de 2004 en Madrid– que terán que pasar moitos anos antes de que os cidadáns estadounidenses poidan sacudirse o po do terror (non esquezamos que o terrorismo, como revela o seu propio significante, basea a súa eficacia na semente do terror).

martes, 21 de agosto de 2012

El hogar en Spielberg. "Munich"


Gracias al pase televisivo de “Munich” de Steven Spielberg, he vuelto a cavilar sobre el contenido reflexivo de dicho film hasta lograr un vínculo argumental con otra de sus películas más conocidas: “Salvar al soldado Ryan”. Recuerdo que en las fechas previas a su estreno se oyeron en el patio mediático numerosas voces de procedencia sionista que hostigaron la trama de “Munich” por considerarla un ataque frontal a la dignidad del estado de Israel. Para quienes no la hayan visto, el film narra la operación que los servicios de inteligencia israelíes, el Mossad, idearon para acabar con los responsables del atentado terrorista perpetrado por facciones palestinas en los Juegos Olímpicos de Munich 72. La decisión del gobierno de Israel para tal operación consistió en reclutar a un grupo de agentes que, practicando un terrorismo de estado, irían asesinando, uno por uno, a los autores de aquella masacre. Que un cineasta de origen judío acusara de terrorista al Mossad fue considerado como una traición por parte de algunos sectores del estado de Israel.

jueves, 16 de agosto de 2012

Faro da cultura. O cine de terror en España


Desde hai uns anos ata os nosos días, o cinema español ven profundando no xénero do terror, un xénero que, historicamente, a pesar dos achegamentos puntuais protagonizados por determinados cineastas, nunca acadou un peso específico na filmografía hispana. A repercusión crítica e recadatoria que obtivo no ano 2001 a fita de Alejandro Amenábar “Los otros”, supón o faro máis visible dunha corrente que xa levaba varios anos de xestación, sobre todo na cidade de Barcelona, onde realizadores como Paco Plaza (El segundo nombre, 2002) ou Jaume Balagueró (Los sin nombre, 1999; Darkness, 2002) xa exportaran a visión nacional do xénero alén das nosas fronteiras. Na última década, o impulso proporcionado polos éxitos económicos de moitos destes títulos facilitou a aparición de obras que seguen a recoller apetitosos beneficios nas salas de exhibición: El orfanato (Juan Antonio Bayona, 2007), Los ojos de Julia (Guillem Morales, 2010), ou as dúas partes de REC dirixidas polos citados Plaza e Balagueró.

martes, 14 de agosto de 2012

Faro da cultura. Torrente no diván


Vaia por diante, que no presente artigo non pretendo realizar unha crítica cinematográfica sobre a exitosa saga de “Torrente”, principalmente, porque non creo poder ofrecer ningunha afirmación novidosa que non fora vertida, de forma case unánime, polos críticos das principais publicacións especializadas. Máis ben, o que pretendo é someter ao personaxe de Torrente a un análise textual que, partindo sa súa fisionomía fílmica, poña de manifesto os mecanismos da súa construción co obxectivo de obter unha hipótese que intente proxectar luz sobre as razóns do éxito das catro fitas realizadas ata hoxe por Santiago Segura.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Reseña. FERNANDO FERNÁN-GÓMEZ. José Luis Castro de Paz. Cátedra. Signo e Imagen /Cineastas. Madrid. 2010.


Al alcance de todos los interesados se encuentra la ingente literatura que se aproxima a las biografías de los grandes personajes de la historia (reyes, emperadores, mandatorios, dictadores, líderes políticos, etc.) para constatar que dichos retratos biográficos contienen en sí mismos el relato de una porción relevante de la Historia. Probablemente, la más valiosa cualidad del estudio sobre Fernando Fernán-Gómez firmado por José Luis Castro de Paz reside en la narración paralela de la obra y vida del cineasta y la historia del cine español.

lunes, 6 de agosto de 2012

Faro da cultura. A luz de Aguirresarobe


No proceso artístico que supón a transposición dun texto literario a un relato fílmico, ademais dos referentes narrativos que compoñen a historia que vai ser adaptada, interveñen certos valores da imaxe estritamente formais, que se atopan en relación directa co contido da obra literaria, e que adxuntan as virtudes da imaxe como complemento ao relato escrito. A luz que envolve unha escena atópase entre os valores da imaxe máis eficaces á hora de plasmar o ambiente que se procura transmitir, sobre todo grazas á súa calidade sensorial que se achega ao espectador polos condutos máis alexados da racionalidade. A luz non se razoa, simplemente percíbese.

viernes, 3 de agosto de 2012

Faro da cultura. Charles Dickens en el cine


Desde o punto de vista narrativo, o avance máis importante no arte cinematográfico desde que os irmáns Lumière fixeran a primeira proxección pública ven marcado por un distanciamento da forma de representación teatral (Modo de Representación Primitivo), baseado na sucesión de cadros con planos fixos filmados desde un teórico patio de butacas, que, á súa vez, deriva nun achegamento a unha forma de representación literaria (Modo de Representación Institucional) que tivo na figura de David W. Griffith o seu máximo valedor. A narrativa de Griffith substitúe os cadros por secuencias, e as secuencias divídenas en planos de distintos tamaños e puntos de vista que se desprazan por todo o escenario fílmico. Para un espectador actual, a instauración destes elementos narrativos pode resultar trivial, pero non é así se apuntamos a oposición que o realizador estadounidense topou nos responsables da Biograph cando en After many years (1908), utilizou unha montaxe alternada na que amosaba ao protagonista nunha illa deserta e á súa muller agardando por el na súa casa. Os produtores consideraron este salto de escenarios unha temeridade, alegando que os espectadores da época, acostumados á inmobilidade dos escenarios teatrais, non ían ser capaces de entendelo. A resposta de Griffith foi que se Charles Dickens podía facer uso deste recurso en literatura, el tamén podía facelo en cine porque ambas artes compartían elementos narrativos.

miércoles, 1 de agosto de 2012

Faro da cultura. Akira Kurosawa


En certa ocasión, Akira Kurosawa intentou definir o cine a través dun conto escrito polo neto do novelista xaponés Shiga Noya. Titulábase “O meu Can” e comezaba dicindo así: “O meu can semella un oso, tamén semella un teixugo, tamén semella un lobo…”. Continuaba enumerando as características especiais do seu can, sempre en términos comparativos con outros animais, ata que conclúe afirmando que ao que máis se asemella é a un can. Do mesmo xeito, aseguraba Kurosawa, o cine tamén se asemella a outras moitas artes, á pintura, á literatura, ao teatro, á música, etc., pero en conclusión, o cine é cine.