Fai
algún anos, a consecuencia dunha polémica xurdida en torno ao filme Los otros (Alejandro Amenábar, 2001), o
seu produtor, José Luis Cuerda, saía ao paso sobre as manifestacións que poñían
en dúbida a nacionalidade española dunha película rodada en inglés por actores
non nacionais referíndose a que o ministerio de Hacienda do Goberno de España,
por mor dos ingresos percibidos vía impostos por esta produción, ben podía
certificar a súa nacionalidade; a resposta agocha a trampa de establecer o cuño
identitario por medio dun fundamento burocrático, sen ter en conta que as
películas, dalgún xeito, tamén poden ter alma. Moitos son os cineastas que
negan unha determinada nacionalidade ás longametraxes, pero é ben certo que,
facendo uso da metáfora ideada por André Bazin segundo a cal o cine é unha
ventá aberta ao mundo, non nos atoparemos a mesma paisaxe se ollamos desde unha
ventá dun rañaceos de Manhattan, que se o facemos desde a palloza dunha aldea
de Forcarei, obviamente, os materiais serán distintos e, en consecuencia, o
resultado moi diferente.
viernes, 12 de diciembre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
A mitoloxía no cine
Se tiveramos
que achegarnos a unha definición máis ou menos precisa de mitoloxía, poderiamos
referirnos a ela como un conxunto de relatos que expresan e simbolizan
determinados aspectos da existencia humana, de tal xeito que as persoas buscamos
o apoio destas narracións para indagar sobre a orixe do universo, sobre a vida
e sobre a morte. En definitiva, os mitos son unha especie de faro que alumea
parte dos misterios máis escuros do universo.
Escultura, literatura, teatro e pintura atoparon na variedade temática e
iconográfica da mitolóxica unha fonte inesgotable de materia prima que permitía
unha reinterpretación renovada en función do período histórico, do movemento
artístico ou da intencionalidade do autor. Se atendemos a un pintor como
Velázquez, comprobaremos a forza plástica e expresiva destes relatos. As
pintura do artista sevillano reflicten esa dualidade mítica-terrenal que posúe
a mitoloxía, posto que esta acada a súa razón de ser cando permite explicar
situacións reais. Moitos dos seus cadros máis famosos convocan nun mesmo
escenario o mito e a realidade, tal e como acontece en Os borrachos, A fragua de Vulcano ou As fiadeiras.
viernes, 30 de mayo de 2014
Faro da cultura. Tópicos rexionais no cine.
No mes de
novembro do pasado ano, ao abeiro do XIV Congreso da Asociación Española de
Historiadores do cine celebrado na Universidade do País Vasco, o director
Enrique Urbizu (No habrá paz para los malvados)
compartía unha mesa redonda con Borja Cobeaga —coguionista, xunto con Diego San
José, da exitosa Ocho apellidos vascos—na
que expuxo un interesante concepto do mundo do cine: o efecto persiana. A
grandes trazos esta idea ven a representar, en termos metafóricos, o influxo
que o éxito dun determinado produto exerce sobre futuros proxectos. É dicir, no
caso de que unha película sobre catástrofes naturais acade astronómicas cifras
de recadación, teñan por seguro que a industria cinematográfica levantará de
inmediato a persiana para que propostas similares inundan a pantalla; pola
contra, o fracaso por exemplo dun musical provocará o efecto contrario, e a
persiana pecharase por un tempo para este tipo de filmes. Nos últimos tempos,
poucas películas levantaron a persiana de forma tan xenerosa como a francesa Bienvenue chez les Ch’tis (Bienvenidos al norte en castelán), ata o
punto de orixinar dúas versións italianas, un remake “oficioso” en España —a
citada Ochos apellidos vascos— e a
adquisición dos dereitos da historia por parte de Will Smith para a súa
produción en Estados Unidos. As cifras
de espectadores que manexan as tres películas en cada un dos tres países
europeos nas que foron estreadas (Francia, Italia e España) permiten falar de un
fenómeno sociolóxico sen precedentes.
jueves, 8 de mayo de 2014
Faro da cultura. Salvador Dalí no cine
Certo que
pintor é a primeira verba que aborda a nosa mente cando oímos o nome de
Salvador Dalí, pero non menos certo é que, aínda con menor profusión, o
excéntrico ampurdanés plasmou a súa visión da realidade noutras facetas artísticas
como puido ser, por exemplo, o cinematógrafo. As características do cine
semellaban conformar un instrumento idóneo para o surrealismo, un movemento
baseado na plasmación do universo da inconsciencia —sonos, pesadelos, desexos e
traumas—, grazas á plasticidade das imaxes representadas na pantalla.
miércoles, 9 de abril de 2014
A Gran Guerra no cine
Non hai dúbida, e os datos o
demostran, de que a Primeira Guerra Mundial —chamada daquela a Gran Guerra
porque entón ninguén sospeitaba que vinte anos despois a humanidade volvería a
tropezar na mesma pedra— non despertou o mesmo interese, por parte da industria
cinematográfica, que, por exemplo, a Segunda Guerra Mundial; quizais a razón
resida nesa máxima que asegura que os malos das historias son máis fascinantes para
un espectador canto maior sexa a súa dose de maldade, e abofé que, neste
aspecto, tanto Adolf Hitler como o seus gregarios nacionalsocialistas posicionáronse
en franca vantaxe fronte ao resto de viláns que deparou o século XX.
martes, 4 de marzo de 2014
ROMAN POLANSKI
Unha das imaxes máis
representativas de O pianista (2002),
o exitoso filme de Roman Polanski —Palma de Ouro en Cannes e Oscar ao mellor
director— amósanos a Wladyslaw Szpilman, o músico polaco interpretado por
Adrien Brody, deambulando polas ruínas de Varsovia despois de lograr sobrevivir
ao inferno do nazismo, aferrándose á súa condición de ser humano que conservou grazas
á súa paixón pola música. En termos metafóricos, esta imaxe ben pode ser
utilizada como icona da súa biografía, non só polas equivalencias dos acontecementos
narrados na película cos feitos que padeceu en primeira persoa con apenas seis
anos cando Alemaña invade Polonia, senón tamén, e sobre todo, por esa ansia de
supervivencia que lle permite seguir facendo cine con oitenta anos a pesares
dos numerosos sismos que sacudiron a súa existencia practicamente desde que
naceu. Aínda era un neno cando a invasión nazi separouno da súa nai,
exterminada no campo de concentración de Auswichtz; acabada a Guerra sufre un
intento de asasinato a mans dun criminal buscado por tres homicidios; en 1969 á
súa muller, embarazada de oito meses, é sacrificada pola seita de Charles
Manson; en 1977 é encarcerado en Estados Unidos baixo a acusación de abusos
sexuais a unha menor e fuxe do país aproveitando un permiso. En medio desta
travesía tortuosa, aínda tivo tempo de realizar vinte longametraxes.
miércoles, 19 de febrero de 2014
EL RELATO CINEMATOGRÁFICO COMO HERRAMIENTA PEDAGÓGICA
“El
relato cinematográfico como herramienta pedagógica” es un proyecto que
propone la elaboración de un discurso basado en las estrategias enunciativas
del cine clásico, quizás, el modelo de comunicación más exitoso de la historia
de la humanidad, un éxito que se fundamenta en dos pilares básicos: la
capacidad para captar la atención y la facilidad para la comprensión del mensaje;
aspectos, ambos, esenciales en un aula.
Históricamente,
la materia didáctica se ha configurado bajo los parámetros discursivos próximos
a la crónica periodística y al ensayo, de tal manera que el receptor (alumno)
interioriza los contenidos mediante los mecanismos del intelecto. Por su parte,
la elaboración de un discurso basado en la narrativa cinematográfica, además de
la esfera intelectual, moviliza también la vertiente emocional del ser humano,
lo cual garantiza un sedimento mucho más arraigado en la memoria.
Muchos
de los recursos que las modernas estrategias pedagógicas, en los últimos años,
buscan abrirse paso en la docencia para llegar al alumnado encuentran
equivalencias y similitudes con las técnicas narrativas que los grandes
cineastas llevan más de cien años utilizando para movilizar los pensamientos y
las emociones de los espectadores.
Con
este método, pretendemos hacer visibles esas estrategias mediante el visionado
y el análisis de fragmentos cinematográficos que dan cuenta de procedimientos
útiles para ser trasladados a la configuración del relato didáctico.
Objetivos
generales
- Implementar el proceso de renovación educativa
mediante el uso de estrategias comunicativas vinculadas al arte
cinematográfico.
- Contribuir a futuras innovaciones de métodos de
trabajo, mediante la aplicación de las metodologías y las didácticas
empleadas.
- Derribar las barreras que separan el aula y el
espacio de convivencia cotidiana de los adolescentes, asegurando así un
aprendizaje continuo más allá de las horas lectivas.
- Demostrar que el uso de este método permite la
consolidación de esquema cognoscitivo que ayudará a solventar futuras
necesidades de aprendizaje.
Objetivos específicos
- Demostrar el poder de las imágenes para el
desarrollo del material didáctico.
- Dar a conocer los aspectos básicos para la
lectura de las imágenes.
3.
Dar a conocer los aspectos básicos para el análisis
de la narrativa audiovisual.
- Ilustrar la producción de un relato didáctico
mediante el uso de nuevas herramientas pedagógicas.
Resultados de
aprendizaje
- Asimilación de un nuevo concepto pedagógico
basado en la creatividad, la reflexión y la construcción de un relato
colectivo.
- Disponer de la actitud y la aptitud para
estrechar vínculos emotivos con los alumnos, con el fin de descubrir sus
necesidades y garantizar una atención plena.
- Adquirir la destreza comunicativa para
convertir las clases en un ejercicio lúdico en el que se generen
expectativas a las que se tendrán que anticipar los alumnos.
- Asimilar un concepto dinámico de la educación,
en constante cambio, para adaptarse a las necesidades específicas del
aula.
CONTENIDOS
|
MÓDULO 1
Introducción
a un nuevo modelo pedagógico
UNIDAD
DIDÁCTICA 1 La construcción de un relato en el aula
1.1 De
las cinco “W” a la estructura aristotélica: presentación, desarrollo y desenlace
MÓDULO 2
La construcción de un relato pedagógico
UNIDAD
DIDÁCTICA 2 Lenguaje
audiovisual
2.1 Cómo se
construye un relato
2.2 La construcción activa del
relato de intriga
2.3 Otras técnicas de construcción de un relato
MÓDULO 3
Recursos para la construcción de un relato audiovisual
UNIDAD DIDÁCTICA 3 Semiótica de la imagen
3.1 El poder de la imagen
3.2
Los signos cinematográficos como satélites del relato didáctico
3.3
El montaje como satélite del relato didáctico
3.4. La narración como satélite del
relato didáctico
MÓDULO 4
Aplicación práctica de los conocimientos adquiridos
UNIDAD
DIDÁCTICA 4 Casos prácticos
|
lunes, 10 de febrero de 2014
Faro da cultura. Wall Street no cine.
A crise económica que azouta,
desde hai cinco anos, á vella Europa e á América setentrional é tan real como os
centos de milleiros de individuos con nomes e apelidos que, dun día para outro,
viron como as súas vidas convertéronse en dramas; tan real como as historias de
coñecidos, parentes ou, incluso, as que nos afectan a nós mesmos, e que
manteñen a toda unha sociedade sumida na desesperación. O gran paradoxo desta
crise —insisto, tan real como a vida mesma— atópase no fundamento virtual do
seu desencadeante: non estamos a sufrir esta crise por mor dunha guerra mundial,
unha catástrofe natural ou unha epidemia devastadora, senón que estamos a
sufrir as consecuencias dunhas cábalas numéricas manobradas por mentes
avariciosas que acadaron, sobre a manipulación de díxitos, obscenos beneficios.
viernes, 17 de enero de 2014
Faro da cultura. Doris Lessing e os angry young men
Cando en
setembro de 2007 a Academia Sueca outorgou o Premio Nobel de Literatura á
escritora británica nacida en Irán Doris Lessing, os medios de comunicación
gráficos e audiovisuais trasladáronse, para ilustrar a nova anunciada desde
Estocolmo de medio mundo, ao domicilio da galardoada e alí atopáronse coa imaxe dunha anciá —daquela contaba oitenta
e sete anos—sentada nas escaleiras da súa casa ataviada cunha naturalidade
pouco afín ás excelencias do galardón, referendada pola vestimenta propia dunha
afectiva avoa que semellaba ser sorprendida mentres desempeñaba o seu quefacer doméstico.
A pouco que un procedese a interrogar a imaxe pronto chegaría a conclusión de
que aquela muller de pelo cano e descoidado vivía nas marxes da sociedade
actual, como se pretendese tomar distancia sobre ela e acadar así unha
perspectiva máis esclarecedora do que estaba a acontecer no mundo. A lectura da
súa obra literaria pode ser, nos tempos presentes, unha das experiencias máis
arrebatadoras á que pode enfrontarse unha persoa que busque unha visión
contestaría do estado das cousas un faro no medio da escuridade que, no pasado
mes de novembro, apagouse para sempre, engrosando o desmedido parte necrolóxico
do ano 2013. Feminista, pacifista, anticolonialista e, nalgunhas fases da súa
vida, comunista, Doris Lessing formou parte dos Angry Young Men (xoves airados) unha das correntes máis combativas
no mundo intelectual do Reino Unido que abrangueu diversas disciplinas
artísticas, a máis refulxente a cinematográfica, arredor do Free Cinema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
