jueves, 27 de diciembre de 2012

ETA e a ambigüedade


Segundo os parámetros da narratoloxía, o autor implícito é a instancia que non utiliza ningún medio de comunicación directo para achegarse ao lector, no caso da literatura, ou ao espectador, no caso do cine, senón que instrúe en silencio, a través do deseño xeral da obra, con todas as voces e por todos os medios escollidos. A súa identificación require un coidado e atenta lectura, moitas veces mal interpretada por un deficiente análise ou por unha mirada cargada de prexuízos. Na ambigüidade do autor implícito reside moitas veces o efecto poético do relato fílmico, porén, esta ambigüidade pode ser interpretada en certos casos como unha traizón. Basta que unha película española aborde o tema do terrorismo de ETA para que xurdan incontables cazadores de autores implícitos na busca da mínima fenda de ambigüidade que será, para as partes máis extremas, a proba da súa obscenidade. Non estaría de máis recordar que a ambigüidade nunha obra de arte é un agasallo que o autor ofrece ao espectador.


                No ano 2008, Jaime Rosales rodaba Tiro en la cabeza, unha excelente fita onde un home aparentemente normal mataba a tiros a dous policías franceses. Sen diálogos e rodada cun obxectivo tele, o director ofrecía un anaco da realidade en bruto, con fin de manter a distancia propicia para a libre interpretación do público. Unha pequena obra de arte cuxo valor crecerá co tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario