No ano 1936, España quebra en dos
bandos. O escenario cinematográfico deparou que na zona republicana, atopárase toda a infraestrutura cinematográfica,
cuxos núcleo atopábanse en Madrid e Barcelona, mentres que na zona nacional unicamente
quedaran os equipos de filmación das películas El genio alegre e Asilo naval, que se estaban a rodar en Andalucía.
Esta circunstancia levou á creación da produtora Hispano-Film-Produktion que
produciu ata cinco longametraxes de ficción: Carme, la de Triana (1938) e La
canción de Aixa (1938) de Florián Rey e con Imperio Argentina, e El barbero de Sevilla (1938), Suspiros de España (1938), e Mariquilla Terremoto (1939), de Benito
Perojo e con Estrellita Castro. Tamén se montou o documental de propaganda España heroica, coa súa respectiva
versión alemá, Helden in Spanien.
Os diarios persoais
do ministro
de propaganda alemán, Joseph Goebbels, permítenos comprender as estratexias de
colaboración e apoio do réxime nazi á causa nacional durante a guerra de
España. O Comando Especial Köhn foi un operativo formado por técnicos
cinematográficos, fotógrafos, xornalistas e teóricos dirixidos por Willi Köh
—conselleiro ministerial— que tiña como obxectivo poñer en marcha unha
estratexia de apoio mediático ao alzamento rebelde na península, para así poder
influír na confección ideolóxica que definía ao conglomerado de forzas que
loitaban fronte a República. Así, Goebbels e Köhn deciden destinar o seu apoio
á figura persoal do xeneral Franco, que finalmente será investido Xefe de
Estado da España franquista o 1 de outubro de 1936, e ao movemento político da
Falanxe. O desexo do Terceiro Reich era canalizar o levantamento militar cara
un terceiro estado fascista en Europa. Unha das formas que esta estratexia adoptou
foi a constitución da produtora Hispano-Film-Produktion, a principios de 1937,
por parte de Wenzel Johann Ther, un empresario berlinés afincado en España, que
gozará dunha posición vantaxosa no mercado grazas aos seus contactos coa cúpula
do poder nazi.
Goebbels buscou recrutar novas
facianas do panorama cinematográfico mundial para convertelas en estrelas e
poder así competir fronte Hollywood, que era considerado polos nazis un dos
berces do xudaísmo internacional. A actriz Imperio Argentina será un dos
obxectivos deste plan de internacionalización da cinematografía alemá. Todo
apunta a que Hitler e Goebbels visionaron, como facían case todas as noites
despois de cear, unha copia de Nobleza
baturra (Florián Rey, 1935), que deixou ao Führer encantado e pediu ao seu
ministro que fixera todo o posible por traer á actriz a Alemaña para
incorporarse ao cadro de persoal de estrelas que a UFA máis o Ministerio de
Propaganda estaban a recrutar para conquistar o mercado internacional. Goebbels
non tarda máis dun mes en satisfacer o desexo de Hitler e Imperio Argentina
máis o seu esposo aterran en Alemaña. Nun principio, a idea orixinal foi
adaptar a vida de Lola Montes, pero
finalmente foi a historia de Carmen a que se levou á gran pantalla.
Das cinco películas rodadas pola Hispano-Film-Produktion, o mito de Carme é a única que contou cunha versión alemá dirixida por Herbert Maisch, Andalusische Nächte, algo máis axustada aos valores do Terceiro Reich, é dicir, menos folclore e máis mensaxe política. Entre as modificacións máis salientables da versión xermana respecto da española está o desprazamento do protagonismo, que recae con máis profundidade no personaxe do brigadier José en perxuízo de Carmen, xa que os seus valores son moito máis axeitados para expresar os principios do universo nacionalsocialista, uns valores máis achegados ao espírito militarista e a estética castrense característicos daquela época.

No hay comentarios:
Publicar un comentario